Familia Caamagno presentará ‘Disco Comarcal’ o 6 de febreiro na Sala Capitol

Publicado originalmente en AgendaOccidente.es

As entradas para asistir á presentación en directo do terceiro LP dos Caamagno pódense mercar deste esta mañá na páxina web da sala de concertos compostelá, www.salacapitol.com .
Os de Sigüeiro darán a coñecer o seu novo álbum e farán un percorrido polo seu repertorio nun formato único e nunha ocasión inesquecible, acompañados d’A Orquestra do Quince

Á hora de comprar a entrada, o público terá a opción de adquirir tamén o vinilo cun desconto dun 20% dunha tirada limitada a 100 unidades

Familia Caamagno © David Silva 2

Sigüeiro, 18 de decembro de 2025.- Familia Caamagno presentará en directo o seu terceiro LP, ‘Disco Comarcal‘, nunha noite inolvidable que terá lugar o 6 de febreiro na Sala Capitol de Santiago Compostela. O recinto transformarase nunha auténtica sala de festas comarcal, coma as dos anos 80 e 90 en Galicia, para recibir e celebrar, por todo o alto, o novo álbum dos Caamagno.

A banda de Sigüeiro, que neste 2026 festexa 15 anos sobre os escenarios, dará a coñecer ao vivo os novos temas do álbum -do que xa se coñecen ‘De paseo en Portugal‘ e ‘Disco comarcal‘, e que sairá á venda contra finais do mes de xaneiro- cun espectáculo único: os Caamagno arranxarán as súas cancións e darán unha volta polo seu repertorio nunha festa inesquecible da man d’A Orquestra do Quince, formación con catro instrumentistas de vento e un teclista. O baile, as luces de neón e os mellores pasos prohibidos estarán garantidos o 6 de febreiro en Compostela.

‘Disco Comarcal’ é o terceiro LP do mítico quinteto power pop de Sigüeiro. O álbum pon o foco no papel social que xogaron as discotecas comarcais dos anos 80 e 90, abandoadas ou pechadas hoxe en día. As entradas para a presentación están á venda desde esta mañá (17€ máis gastos de xestión) a través da páxina web oficial da Sala Capitol, www.salacapitol.com. 

Á hora de mercar a entrada para esta gran noite, a Sala Capitol e Familia Caamagno habilitarán a opción de poder mercar un pack no que se inclúe o billete con acceso directo á pista de baile, mais tamén o vinilo cun desconto do 20% sobre o prezo orixinal. O disco (cuxa portada asina o deseñador gráfico Álvaro Fernández, @unbuentipo) poderase recoller o mesmo 6 de febreiro durante a presentación no posto de merchandising que se habilitará no recinto, no que tamén se poderán adquirir os discos e outras novidades.

fc disco comarcal poster IG

PRESENTACIÓN DE ‘DISCO COMARCAL’ , DE FAMILIA CAAMAGNO 

Data: 6 de febreiro
Lugar: Sala Capitol (Santiago de Compostela)
Apertura de portas: 20.30 horas

Entradas á venda en www.salacapitol.com
Prezo venda anticipada: 17€ + gastos de xestión
Prezo na billeteira (se quedan entradas): 22€

Videoclip de ‘Disco comarcal’: https://youtu.be/zbVh0QePX_M