Barreiros programa teatro e cine para esta fin de semana

Publicado originalmente en AgendaOccidente.es

Barreiros, 19 de decembro de 2025. O Concello de Barreiros pecha a programación cultural cunha fin de semana dedicada ás artes escénicas e ao cine galego con dúas propostas abertas ao público que terán lugar esta fin de semana.

O sábado 20 de decembro, ás 19:00 horas, os colexios vellos de San Miguel acollerán a Isabel Risco coa súa icónica “Nabiza Girl” que, neste caso, virá acompañada do fiel escudeiro, Don Galizo. Isabel Risco e Alberte Bello propoñen un espectáculo cheo de humor, retranca e identidade galega.

Xa o domingo 21 de decembro, ás 19:00 horas, o centro sociocultural de San Cosme acollerá unha tarde de cine coa proxección da película “Antes de nós”. O filme debuxa dous momentos decisivos na vida de Castelao e da súa compañeira Virxinia antes de converterse nunha das figuras centrais da cultura galega.

Ambas propuestaes son con entrada libre co que o Concello de Barreiros aposta polos encontros da veciñanza arredor da cultura e accesibles para todo o mundo.

Antes de Nos