Barreiros prepara o mercadiño de primavera para o domingo 17 de maio

Publicado originalmente en AgendaOccidente.es

Barreiros, 22 de abril de 2026. O Concello de Barreiros presenta un dos seus mercadiños estacionais que son sempre un éxito de xuntanza e participación. O mercadiño coincidirá co Día das Letras Galegas e haberá propuestaes para festexalo.

O mercadiño, como xa é habitual, celebrarase baixo carpa na Praza do Concello en horario de 11 a 20h e contará coa colaboración da Vicepresidencia da Deputación de Lugo.

O Concello leva presentando este tipo de mercadiños desde o 2022

Segundo Ana Ermida, alcaldesa de Barreiros “buscábamos dinamizar o pobo despois da pandemia, que a veciñanza das distintas parroquias tivese unha escusa onde xuntarse e poder descubrir e mercar produtos de proximidade completando a xornada con distintas propostas nas que poder participar. E con esa premisa levamos presentando xa once mercadiños nestes últimos catro anos.”

O cartel coas propuestaes detalladas presentarase os vindeiros días nos que non faltará música en directo, degustacións, talleres primaverais e propuestaes para as crianzas.

Cartel Mercadino na Primavera26 1