
Publicado originalmente en AgendaOccidente.es
Rebeliom do Inframundo lanza Orgulho:
raíz, loita e quinto disco dunha trincheira musical
· Orgulho (Galunk Producións, 2026) é un manifesto de identidade, clase e memoria, xa dispoñible nas plataformas: https://orcd.co/orgulhorebeliom
· Un álbum que se sumerxe nunha viaxe sonora con raíz e terra
· A xira ‘Orgulho’ arrinca con forza e coas primeiras datas pechadas en Barcelona (6 de marzo), Bilbao (28 de marzo), Madrid (18 de abril) e Santiago de Compostela (8 de maio): entradas aquí
· Para o concerto de Compostela na Sala Capitol, que será a súa única cita en recinto pechado en Galicia, levan máis do 50% do aforo vendido
· O lanzamento de Orgulho vén acompañado do videoclip de Cantos da Taberna, que se estrea este xoves, 26 de febreiro, ás 14.30h, na canle de YouTube de Rebeliom: https://www.youtube.com/watch?v=eISjtdvQufI
Galicia, 26 de febreiro de 2026.- Rebeliom do Inframundo publica o seu quinto álbum, Orgulho (Galunk Producións, 2026), unha obra que condensa máis dunha década de traballo, constancia e compromiso.
Tras os adiantos Sube, Balas ft. Kaze, Bate Fado e Nada, o equipo presenta un traballo que afonda na súa identidade sonora e discursiva, consolidando o seu lugar como unha das propostas máis firmes do rap feito en Galicia.
Orgulho (Galunk Producións, 2026), o novo disco de Rebeliom do Inframundo, está xa dispoñible en todas as plataformas dixitais: https://orcd.co/orgulhorebeliom
ORGULHO: UN MANIFESTO DE IDENTIDADE, CLASE E MEMORIA
Orgulho non é só un título: é unha declaración política e vital. «É un traballo consciente e autocrítico, un traballo persoal que segue tendo a nosa raíz, a nosa forza e a nosa potencia, pero tamén a madurez e a calma necesarias nestes tempos convulsos», así o explica Nervo, membro da banda.
Para Rebeliom do Inframundo, foron moitos anos de esforzo, e ninguén lles puxo nada nas mans. Este é xa o quinto disco da banda, e ter chegado ata aquí é o resultado de algo moi sinxelo e moi difícil ao mesmo tempo: traballo, constancia e fidelidade ao que son. Non hai atallos. Só horas, compromiso e a convicción de seguir adiante. «E iso, claro, fainos sentir profundamente orgullosos. Orgullosos da nosa maneira de entender a vida, da xente que camiña ao noso lado, da contorna que nos formou. Orgullo colectivo, orgullo de clase, orgullo de país… e tamén un orgullo íntimo, persoal, de saber que non traizoamos as nosas raíces».
Este disco non é só música: «Orgulho é un disco de raíz, cheo de rabia, paixón, tradición e respecto por un mesmo e polas nosas devanceiras. O dedo que aperta o gatillo, a bala que impacta no peito, a flor do toxo no cumio do Monte do Facho».
«Nun tempo no que o individualismo parece impoñerse e as oportunidades estréitanse, cremos que é fundamental reivindicar o orgullo de pertencer a unha terra, a unha historia, a unha memoria compartida. O orgullo das nosas avoas e bisavoas, que resistiron unha guerra civil e ergueron o futuro coas súas propias mans. O orgullo de ser quen somos».
UNHA VIAXE SONORA CON RAÍZ E TERRA
Musicalmente, Orgulho (Galunk Producións, 2026) mantén a esencia da banda e reforza o seu vínculo coa tradición: é quizais o seu traballo máis vertixinoso, o que se vive como unha viaxe continua, sen descanso. «Volvemos abrazar os cantos populares, e neste disco latexan con máis forza ca nunca. Hai raíz, hai terra, hai herdanza. Por iso o orgullo non é só un concepto: é o fío condutor de todo o álbum».
O resultado é un LP cohesionado, directo e pensado tanto para a escoita completa como para o directo, onde a enerxía do equipo atopa a súa máxima expresión. A ilustración de portada é de Iago Comedeiro.
A saída deste novo álbum de Rebeliom do Inframundo vén acompañada polo videoclip dun dos cortes do disco, Cantos da Taberna, dispoñible desde este xoves, 26 de febreiro, ás 14.30h, na canle de YouTube da banda: https://www.youtube.com/watch?v=eISjtdvQufI
MÁIS DA METADE DO AFORO DA SALA CAPITOL ESGOTADO PARA O TOUR ‘ORGULHO’
A única parada en sala do novo Tour ‘Orgulho 2026’ de Rebeliom do Inframundoen Galicia terá lugar na Sala Capitol de Santiago de Compostela o venres 8 de maio, tralo seu paso por cidades como Barcelona, Bilbao e Madrid, con máis do 50% do aforo xa esgotado.
Tour ‘Orgulho’ 2026
📢 Primeiras datas en salas:
📍V. 06 marzo ~ BARCELONA ~ @lautconcert
📍S. 28 marzo ~ BILBAO ~ @d8_sorkuntza_faktoria
📍S. 18 abril ~ VALLEKAS, MADRID ~ @salalatrinchera
📍V. 08 maio ~ SANTIAGO DE COMPOSTELA ~ @salacapitol
🏷️ ENTRADAS XA DISPONIBLES AQUÍ EN WOUTICK 🏷️

REBELIOM DO INFRAMUNDO, MÁIS DUNHA DÉCADA DE MÚSICA DESDE A TRINCHEIRA
Nacidos nas rúas e nos locais de ensaio de Galiza, Rebeliom do Inframundo leva máis dunha década facendo da música unha trincheira e unha celebración. Nervo, Malvares, Frank Huxley, Busto e DJ Pol forman unha alianza que vai máis alá do rap: é unha actitude, unha maneira de entender o mundo. O seu son bebe do rap hardcore e da electrónica, pero tamén das raíces galegas e da forza dun pobo que nunca baixa a cabeza. Cada tema é un retrato entre o amor e a rabia, entre o orgullo e a ferida.
Dende Caladas Reflexivas ata Amor ou Barbárie, pasando por Lume e Rebeliom e Ilegal, a banda medrou sen traizoar o seu camiño. Hoxe, Rebeliom do Inframundo non é só unha referencia musical: é un símbolo dunha xeración que loita, crea e berra sen pedir permiso.
A banda afronta 2026 cunha forza incontestable… coa publicación do seu novo álbum, Orgulho (Galunk Producións, 2026), que publicado a finais do mes de febreiro, e do que forman parte, entre outros, temas como Sube, Bate Fado e Nada.
Rebeliom vive o seu mellor momento, co respaldo dun público que enche salas e corea cada verso coma se formase parte da banda. Non precisan grandes campañas nin filtros; a súa verdade corre de boca en boca, como corren as boas cousas cando son reais. No último ano esgotaron entradas en espazos emblemáticos como a Sala Capitol de Compostela —800 persoas entregadas— e confirmaron o que xa se intuía: Rebeliom é unha das bandas máis sólidas e respectadas da escena galega actual.
O seu directo é un estoupido de enerxía, mestura de rap, electrónica e tradición galega, que converte cada concerto nunha experiencia colectiva. É un equipo de xente para a xente, cun discurso propio e unha ética de traballo que fala de verdade, comunidade e resistencia. Eles non seguen a moda, créana.







