Nace o Atlantic Drag!: a celebración do drag coruñés no marco do Atlantic Pride 2026

Publicado originalmente en AgendaOccidente.es

A sétima edición do ‘Orgullo do Norte’ propón unha xornada temática o luns 6 de xullo para homenaxear ao talento drag local, á súa forza escénica e toda a creatividade, a liberdade e a reivindicación humorística e festiva que a súa arte supón para a cidade 

As 13 raíñas do transformismo coruñés que encherán de orgullo o Atlantic Drag! na Praza de Pontevedra son: Agata Terrier, Ball Monte, Cloe Savage, Escarlatina Pier, Kara, Kelly Amethyst, Kit, Meri Krishna, Muna Duval, Nomi Bull, Rrrita, Xen e Yvhanne Klown

O Atlantic Pride regresará á cidade herculina do 5 ao 12 de xullo para celebrar a súa 7ª edición, cun cartel no que se dan cita figuras como Alba Reche, arde, Jonydasvie, Julieta, Kika Lorace, Miriam Rodríguez, Montedapena, raze, Ricky Merino, Terrae Dj’s, Whigfield, «ZAHARAVE», Choriza May, Pitita, Chloe Vittu, la Niña Delantro, Electra, Kim Miller, Saia Santa e Sasha Moon

O ‘Orgullo do Norte’ é un festival pioneiro, gratuíto e inclusivo nacido na cidade da Coruña no ano 2019, destinado a reivindicar a liberdade afectiva, sexual e de identidade dende unha perspectiva lúdica e inclusiva, con propostas musicais para todos os públicos

A cita está impulsada pola Asociación Orgullo Coruña (ORCO) e conta co patrocinio institucional do Concello da Coruña, ademais do apoio da Deputación da Coruña e o patrocinio privado de Estrella Galicia e Globalgrafic

atlantic

A Coruña, 14 de abril de 2026.- O festival Atlantic Pride da Coruña está de noraboa co nacemento, no marco da súa sétima edición, dunha nova proposta artística: O Atlantic Drag!  Con ela, o ‘Orgullo do Norte’ coruñés propón, o tarde-noite do luns 6 de xullo, unha divertida homenaxe ao talento drag local, á súa forza escénica e a toda a creatividade, a liberdade e a reivindicación humorística e festiva que a arte drag supón para a cidade.

As 13 raíñas do transformismo que encherán de orgullo o Atlantic Drag na Praza de Pontevedra serán: Agata Terrier, Ball Monte, Cloe Savage, Escarlatina Pier, Kara, Kelly Amethyst, Kit, Meri Krishna, Muna Duval, Nomi Bull, Rrrita, Xen e Yvhanne Klown, todas elas, recoñecidas caras de espazos de referencia da escena drag galega, como o Claro Boba! ou It’s Time for Drag.

Segundo apunta a presentación do festival: «O Atlantic Drag! nace como a gran celebración do drag coruñés dentro de Atlantic Pride, unha proposta creada para recoñecer, visibilizar e poñer en valor o talento local que, desde hai anos, forma parte esencial da vida cultural, artística e nocturna da cidade. Máis ca un espectáculo, Atlantic Drag é unha homenaxe ás artistas que, a través da escena, da estética, da palabra, do humor, da música e da performance, converten o drag nunha poderosa expresión de liberdade, identidade e creatividade». 

E continúa: «A Coruña conta cunha escena drag viva, diversa e con personalidade propia, que contribúe de maneira decisiva a facer da cidade un espazo máis libre, máis plural e máis orgulloso. Atlantic Drag! quere celebrar precisamente iso: a forza dun talento que entretén, emociona, transforma e reivindica; unha forma de arte que non só enche os escenarios, senón que tamén constrúe comunidade, xera referentes e amplía os límites da expresión cultural».

Dentro de Atlantic Pride, Atlantic Drag! será un espazo de encontro, celebración e recoñecemento, pensado para aplaudir ás artistas da cidade e para compartir co público toda a potencia escénica, humana e simbólica do drag coruñés. Unha festa do talento local e da diversidade en estado puro, que reivindica o escenario como lugar de visibilidade, liberdade e orgullo.

UN REPASO AO CARTEL XA ANUNCIADO PARA  ‘ORGULLO DO NORTE’ 2026

O Atlantic Pride encherá de enerxía electrizante os seus escenarios para festexar a súa sétima edición do 5 ao 12 de xullo de 2026. Cunha divertida combinación de talento, identidade e enerxía, o ‘Orgullo do Norte’ coruñés busca consolidarse, un ano máis, como un evento imprescindible para celebrar a diversidade a través da música.

Co seu cartel, o público poderá gozar de propostas musicais que van desde a sensibilidade íntima e innovadora de Alba Reche, que combina honestidade e evolución sonora, ata a enerxía potente e visceral de Julieta, unha das voces máis influentes do novo pop catalán, pasando pola forza en directo de Ricky Merino e o estilo provocador e festivo de Kika Lorace, que transforma cada actuación nunha festa de humor e diversidade. O festival presentará, tamén, «ZAHARAVE», o espectáculo electrónico de Zahara, que conxuga o poder do techno cunha escenografía impactante, creando unha experiencia única e reivindicativa.

Ademais,o talento galego emerxente estará tamén presente nos escenarios do Atlantic Pride este verán, grazas á ‘boa vibra’ de bandas e artistas galegas como arde, Jonydasvie, Montedapena, raze e Terrae Dj’s. Power pop, pop-punk, pop urbano, World Music, electrónica, músicas de baile e sons de raíz encherán o escenario da súa man. Non faltarán á cita formatos híbridos, performance, danza e impactantes proxeccións audiovisuais.

Xunto a elas, o ‘Orgullo do Norte’ contará con nomes de pegada nacional e internacional como Miriam Rodríguez e Whigfield , que non defraudará co seu himno Saturday Night. A fantasía e o humor chegará da man das raíñas do performismo Choriza May, Pitita, Chloe Vittu, la Niña Delantro, Electra, Kim Miller, Saia Santa e Sasha Moon. Moi pronto, o festival anunciará as derradeiras figuras que pecharán o seu cartel neste 2026, no que destaca, tamén, o novo Atlantic Drag!

SOBRE O ATLANTIC PRIDE, O ‘ORGULLO DO NORTE’ CORUÑÉS

Coñecido como o ‘Orgullo do Norte’, o Atlantic Pride é un festival de música pioneiro, gratuíto e inclusivo que se celebra na cidade da Coruña, destinado a reivindicar a liberdade afectiva, sexual e de identidade dende unha perspectiva lúdica e inclusiva. Na súa pasada edición, a sexta, celebrada en xullo de 2025, a cita reuniu a preto de 45.000 persoas.

O Atlantic Pride está impulsado pola Asociación Orgullo Coruña –ORCO– e conta co patrocinio institucional do Concello da Coruña e o apoio da Deputación da Coruña. O festival posúe, tamén, o patrocinio privado de Estrella Galicia e Globalgrafic.

O Atlantic Pride nace en 2019 coa vontade de situar á cidade herculina como a capital do bo ambiente e a celebración sen distincións nin barreiras. O proxecto, que trata de aglutinar a todas as capas da sociedade dentro dunha contorna segura e amigable, desenvólvese en torno a varios días de concertos e propuestaes culturais, coa fin de atraer ao público local e de fóra, como un referente cultural, turístico e social e unha das citas imprescindibles do verán no noroeste peninsular.

Tras seis edicións, o Atlantic Pride consolídase como un espazo de celebración aberto, seguro e diverso, como referente dos ‘Orgullos’ que se celebran no comezo do verán ao longo da Península e no que teñen cabida coloridas propostas para todos os públicos, gustos e idades.

Así, no Atlantic Pride non faltan concertos de inspiración eurovisiva, grandes nomes do pop galegos, nacionais e internacionais, divertidas actuacións de drags, pinchadas de dj’s de referencia da escena galega e estatal e a celebración do Certame Literario de Literatura LGTBIQ+, da man do Club de Lectura QUEERuña, que no 2026 afronta a súa quinta edición.

Nos seus seis anos de historia, o cartel de Atlantic Pride reuniu figuras como La Terremoto de Alcorcón, La Casa Azul, Ladilla Rusa, Samantha Hudson, Javiera Mena, Grande Amore, Soleá Morente, OBK, Amistades Peligrosas, Fillas de Cassandra, Joe Crepúsculo, La La Love You, Melody, Locomía, Nancys Rubias, Samantha Ballentines, Soraya, Chanel, Lucía Pérez, Las Ketchup, Luna Ki, Mondra, Nena Daconte, Nebulossa, Raúl, Rosa López, Shego, Supremme De Luxe, Vengaboys, Agoraphobia, Anabel Conde, Arantxa Castilla-La Mancha, De Ninghures, David Civera, Edurne, Judeline, Leria, Mayo, Merche ou Nia, entre moitas outras.