
Publicado originalmente en AgendaOccidente.es
Barreiros, 02 de marzo de 2026. O Concello de Barreiros, a través da área de Igualdade, presenta varias propuestaes con motivo do 8M, Día Internacional da Muller, co obxectivo de reforzar a sensibilización social, a participación da veciñanza e o traballo transversal en igualdade de xénero.
A primeira das propuestaes será a lectura da declaración institucional. Terá lugar o venres 6 de marzo ás 11:30 horas na Praza do Concello. Ao remate do acto, entregarase un pequeno agasallo ás persoas asistentes.
O propio domingo, 8 de marzo, conmemorárase a xornada cun monólogo treatralizado sobre a obra “A Muller Soa”, de Franca Rame e Darío Fo. A interpretación será a cargo do Colectivo Cultural Ollomao ás 20:00 horas nos colexios vellos de San Miguel con entrada de balde e ata completar o aforo.
A programación continuará co obradoiro titulado “Alimentación en todas as etapas das mulleres” no que se abordarán aspectos clave relacionados coa saúde e a alimentación ao longo das distintas etapas da vida das mulleres. Terá lugar nas escolas unitarias de San Cosme o sábado 14 de marzo ás 11:30 horas e será impartido por María González Cociña, matrona no Centro M Burela.
A concelleira de igualdade, Montse Porteiro, sinala que “o 8M é unha data primordial para reafirmar o compromiso institucional coa igualdade real e efectiva entre mulleres e homes”. A concelleira destaca tamén “a importancia desta programación que combina reivindicación, cultura e saúde, abordando a igualdade desde distintas perspectivas e poñendo o foco nas necesidades das mulleres ao longo da súa vida”.







