Barreiros felicita al Equipo de Socorrismo por su gran labor

AGENDAOCCIDENTE

A ALCALDESA DE BARREIROS FELICITA AO EQUIPO DE SOCORRISMO POLO SEU GRAN LABOR

Barreiros, 01 de setembro de 2025. A alcaldesa de Barreiros, Ana Ermida, achegouse na tarde de onte ata o posto central de socorrismo en Coto para felicitar ás e aos socorristas polo traballo desenvolto neste verán.

Rematado o mes de agosto, o persoal do servizo comeza a disfrutar dos correspondentes días de vacacións, polo que a atención presencial nos areais irase retirando paulatinamente; cuestión que se sinalizará debidamente nas entradas das praias.

A rexedora valorou moi positivamente o funcionamento deste servizo, nun verán con moi poucas intervencións e practicamente ningunha de importancia, pechándose unha tempada de gran afluencia nas praias cun resultado moi positivo.

Ana Ermida, xunto co coordinador, David Becerra, agradeceron ao persoal a implicación e a responsabilidade no desenvolvemento do seu traballo que chega ao seu fin cun moi bo sabor de boca.

Finalización servizo socorrismo:

  • Praia A Pasada: último día o xoves 4 de setembro

  • Altar e Lóngara: último día venres 5 de setembro

  • Fin de semana 6 e 7: contarán con servizo de socorrismo Fontela e Coto. Máis asistencia da moto de auga.

  • Do 8 ao 14 de setembro: quedará un retén para peche do servizo