Barreiros alzou a voz fronte á violencia contra as mulleres na lectura do manifesto do 25N

Publicado originalmente en AgendaOccidente.es

BARREIROS ALZOU A VOZ FRONTE A VIOLENCIA CONTRA AS MULLERES

Barreiros, 25 de novembro de 2025. Desde a Praza do Concello, a veciñanza barreirense alzou a voz contra a violencia machista nun acto para lembrar que en Barreiros non hai espazo para as violencias contra as mulleres.

Montse Porteiro, concelleira de igualdade, foi quen lle deu lectura á declaración institucional remarcando un sentir e compromiso firme coa igualdade real, coa dignidade das mulleres e cun rexeitamento rotundo de todas as violencias machistas.