
Por AgendaOccidente.es
Barreiros, 05 de novembro de 2025.
O evento reunirá a preto de 1.500 escolares de 18 centros educativos da comarca.
Na mañá de hoxe foi presentada a xornada coa presenza da alcaldesa de Barreiros, Ana Ermida, do xefe provincial de deportes da Xunta de Galicia, Manolo Cadramón, e de Rubén García, en representación da Agrupación Deportiva da Mariña.
O campo de fútbol de As Valgas será o escenario que acollerá ás 1500 crianzas inscritas procedentes de dezaoito centros educativos da comarca onde as probas para as distintas categorías darán comezo ás 11:00 h.
O evento, previsto para este venres 7 de novembro, terá lugar en Barreiros como unha xornada promocional de Campo a Través entre centros educativos de A Mariña, no marco do programa Xogos Galegos Deportivos en Idade Escolar (XOGADE) da Xunta de Galicia, coa colaboración do Concello de Barreiros e o Iberia F.C.







