Barreiros acollerá a exposición «Fauna Esencial»

Publicado originalmente en AgendaOccidente.es

Barreiros, 6 de marzo de 2026. Esta mañá, o Concello de Barreiros, a Fundación Abanca e Abanca Corporación Bancaria, asinaron un convenio de colaboración para traer a Barreiros a Exposición “Fauna Esencial”.

É unha exposición dunha serie de fotografías de fauna ibérica. Cada unha delas, leva textos explicativos que dan datos das especies: hábitat, alimentación, ou perigos que enfronta actualmente para sobrevivir.

Esta mostra está unida a “Cultura por alimentos”. Durante a mostra haberá habilitada un estante para que a xente da zona poidan levar algún alimento, cando visiten a mesma, que será doado, ao remate do período expositivo.

A exposición situarase no salón do Centro Sociocultural Manuel Díaz Sampedro de San Cosme de Barreiros e abrirá de 9:30 a 14:30 h de luns a venres. A entrada é gratuíta.

O acto institucional de apertura será o venres 13 de marzo ás 11:30 h., e convidamos a toda a veciñanza a que se achegue visitala.

Agradecemos desde o Concello, que a Fundación Abanca e Abanca Corporación Bancaria conte connosco para achegar este tipo de proxectos culturais a concellos pequenos coma o noso. Esperamos que esta sexa a primeira de moitas colaboracións que fagamos.