A carreira das praias suma máis de 500 participantes nunha edición de récord

Publicado originalmente en AgendaOccidente.es

Barreiros, 1 de abril de 2026. Barreiros será sede da XII edición da carreira das praias o vindeiro mércores 3 de abril con saída na Praia de Coto. Contará tamén cunha andaina de 9 kms polas praias do concello.

“Unha edición de Récord”, así a define a presentación composta pola asociación Praias de Comado en colaboración do Concello de Barreiros que a integra no seu Circuíto +Kms Barreiros 2026.

Este evento que mistura propuestae deportiva con natureza en estado puro contará cunha carreira absoluta de 7 kms que suma 261 inscritos, sumados aos preto de 180 nenos e nenas das categorías menores e aos 70 asistentes na andaina.

As persoas inscritas deberán recoller o dorsal na carpa habilitaba polo Concello de Barreiros no aparcamento de Coto ata 15 minutos antes da saída de cada proba.

Como xa é habitual en todas as carreiras do Circuíto barreirense, todos os menores levarán unha medalla de recordo por participar a maiores dos distintos podiums das categorías competitivas.

Na carreira absoluta o vencedor e a vencedora individual e o primeiro club clasificado conseguirán un lote de productos de porco celta grazas á colaboración de Asoporcel co Circuíto +KmsBarreiros.

Un circuíto liderado por Óscar Buján e Carla Trillo

A carreira das praias será a segunda proba do Circuíto +KmsBarreiros despois da carreira de reis disputada a principios de xaneiro. A esta proban chegan líderes da xeral os corredores Óscar Buján e Carla Trillo.