«A voltas cos contos» llenará de actividades las parroquias del interior de Barreiros este verano.

Publicado originalmente en AgendaOccidente.es

Barreiros, 06 de xullo de 2026.

A programación cultural A Voltas cos Contos regresa un ano máis para encher de historias, risas e momentos de xuntanza e diversión espazos das parroquias do interior do Concello de Barreiros.

Nesta ocasión o Concello de Barreiros convídate a desfrutar dos espectáculos de Iventi Teatro (local social de Cabarcos), Lilá Teatro (local social de San Xusto) , Xarope Tulú (escola de Vilamartín Pequeno), Cris de Caldas (Teleclub de Vilamartín Grande), Tarabela Creativa (teleclub da Rilleira) e Hermanager Producións (escola de Celeiro de Mariñaos). A programación desenvolverase durante os meses de xullo e agosto.

Desde a área de dinamización valoran positivamente a acollida que tivo esta programación os anteriores veráns e animan a toda a veciñanza a gozar das distintas e variadas propostas.

A primeira das citas terá lugar este domingo, 12 de xullo, ás 20:30 horas, no local social de Cabarcos, coa actuación de Iventi Teatro e o espectáculo «Marco que teño que marchar».