
Publicado originalmente en AgendaOccidente.es
Barreiros, a 01 de xullo de 2026. O Concello de Barreiros organizou esta mañá unha formación en Soporte Vital Básico (SVB) dirixida ao equipo de salvamento que prestará servizo nas praias do municipio durante a tempada de verán.
A xornada formativa, financiada con fondos propios, contou coa presenza da concelleira de Igualdade, Montse Porteiro, quen deu a benvida ao equipo e subliñou a importancia de contar con persoal cualificado para garantir a seguridade das persoas usuarias das praias.
A concelleira destacou que «o equipo de salvamento está formado por profesionais cualificados, mais a formación continua é fundamental para refrescar e actualizar conceptos e protocolos de actuación ante situacións de emerxencia. Unha preparación que pode marcar a diferenza nun momento crítico.»
Esta iniciativa enmárcase no compromiso do Concello de Barreiros coa seguridade e a calidade dos servizos que ofrece á veciñanza e ás persoas visitantes durante os meses de verán.







