O Diversiprix regresa a Barreiros cunha nova xornada de ocio inclusivo e accesible

Publicado originalmente en AgendaOccidente.es

Barreiros, xuño de 2026. A Asociación Guillem Veiga Iglesias presenta unha nova edición de DIVERSIPRIX, unha proposta que converterá San Miguel de Reinante nun punto de encontro para persoas con e sen discapacidade a través do xogo, o deporte e a diversión.

A iniciativa reivindica o ocio como un dereito fundamental e aposta por crear espazos accesibles nos que todas as persoas poidan compartir experiencias en igualdade de condicións.

Durante a xornada, as persoas asistentes presentaranse en equipos diversos e afrontarán diferentes retos e dinámicas, nas que o traballo en equipo será a clave.

Baixo o lema “DIVERSIPRIX, onde enredarnos como iguais”, o evento celebra este ano a súa terceira edición e consolídase como unha cita anual que combina diversión, participación e convivencia, promovendo unha sociedade máis accesible, inclusiva e comprometida coa diversidade.

A propuestae é gratuíta e as persoas interesadas poden solicitar información e realizar a súa inscrición a través do correo electrónico atencionguillemveigaiglesias@gmail.com ou do teléfono 672 986 476.

DIVERSIPRIX está presentado pola Asociación Guillem Veiga Iglesias coa colaboración da Vicepresidencia da Deputación de Lugo, a través da Área de Mocidade, e do Concello de Barreiros.